InicioSociedadeConvocado o concurso de ideas para o ascensor que unirá García Barbón...

Convocado o concurso de ideas para o ascensor que unirá García Barbón e o centro Vialia

Deste xeito, autorizouse unha partida de 555.000 euros para os premios do concurso e a redacción do proxecto, cuxa execución terá un custo duns 6 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu luz verde este xoves á contratación dun concurso de ideas para deseñar un ascensor que comunique a zona de García Barbón (á altura de Serafín Avendaño) e o centro Vialia de Urzáiz-Vía Norte.

Deste xeito, autorizouse unha partida de 555.000 euros para os premios do concurso e a redacción do proxecto, cuxa execución terá un custo duns 6 millóns de euros. Segundo os prazos avanzados polo alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa, a obra podería estar finalizada en algo máis de dous anos.

O rexedor destacou en rolda de prensa que esta decisión supón o inicio “dunha das grandes obras transformadoras” de Vigo, que formará parte do programa ‘Vigo Vertical’, confinanciado con fondos europeos e, segundo explicou, a proposta gañadora debe cumprir cos obxectivos da Axenda Urbana de España, favorecendo a mobilidade sustentable, a priorización dos peóns e que facilite a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.

O concurso está dotado cun primeiro premio de 70.000 euros, e premios de 40.000 e 30.000 euros para o segundo e terceiro clasificado, respectivamente. O gañador redactará o proxecto de execución e encargarase da dirección facultativa das obras, por un prezo de 415.000 euros.

O xurado que seleccionará as mellores ideas estará composto por técnicos municipais, técnicos da Deputación de Pontevedra, de Demarcación de Estradas do Estado e da Axencia Galega de Infraestruturas, así como dos colexios profesionais de Arquitectos e Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...