InicioSociedadePonteareas e Vigo asinan un acordo pola inserción laboral das persoas autistas

Ponteareas e Vigo asinan un acordo pola inserción laboral das persoas autistas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de Ponteareas e a Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo
(TEAVI) asinaron un convenio de colaboración de inserción laboral co obxectivo de
“asegurar a inclusión e o acceso das persoas con autismo a un entorno laboral
competitivo, mediante a optimización e mellora do seu rendemento, facilitándolles a
realización de prácticas formativas que permitan a súa posterior insercón no mercado
de traballo”.

O concello de Ponteareas facilitará as súas instalacións para as prácticas formativas acordadas durante os vindeiros dous anos. No marco do programa “Axúdalle a encaixar” esta iniciativa procura prácticas formativas en empresas ou administracións públicas, orienta e asesora ás persoas e familias con TEA, e ademais “apoia ao traballador no desenvolvemento de habilidades sociais comunitarias e ofrece estratexias de aprendizaxe para a realización de tarefas inherentes ao posto de traballo, ademais de realizar un seguemento da persoa e avaliación do procecemento de inserción do posto de traballo”.

Para a concelleira de Ensino de Ponteareas, Cristina Fernández, este convenio supón “un paso máis no compromiso de garantir a integración e a igualdade, aportando ferramentas a aqueles que máis o precisan e traballando para que Ponteareas teña un futuro máis
comprometido e participativo”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...