InicioVigo e contornaO PorriñoSituación grave no Porriño: 80 novos casos fan saltar as alarmas

Situación grave no Porriño: 80 novos casos fan saltar as alarmas

A alcaldesa pide á cidadanía que "respecte os protocolos e as restricións establecidos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa do Porriño, Eva García da Torre, alertou de que a situación epidemiolóxica da localidade “continúa sendo grave“, segundo os datos facilitados polo conselleiro de Sanidade, Xullo García, que precisou que a localidade suma 80 casos positivos de COVID-19 e 254 persoas en illamento.

Durante unha reunión telemática mantida con alcaldes das localidades da área de Vigo incluídas no peche perimetral da mesma, García da Torre solicitou datos concretos da incidencia no municipio e información máis detallada. Así, trasladóuselle que cinco dos casos activos de COVID-19 no Porriño están relacionados cun brote detectado nunha industria cárnica que suma máis de 40 afectados. Así mesmo, as 254 persoas monitoradas no Porriño deben permanecer en illamento debido a que mantiveron contacto estreito cun positivo nas 48 horas anteriores a que fose diagnosticado.

Ante esta situación e o mantemento da localidade no máximo nivel de alerta epidemiolóxica, a alcaldesa volveu a pedir á cidadanía que “respecte os protocolos e as restricións establecidos, que buscan “protexer” e non molestar a ninguén”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...