InicioSociedadeA área de Vigo comeza a perder casos activos malia rexistrar outros...

A área de Vigo comeza a perder casos activos malia rexistrar outros 140 contaxios

Son 2.426 positivos, segundo o Sergas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os contagios de Covid-19 volveron a incrementarse tras outros 523 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia, mentres os casos activos de coronavirus seguen en descenso na Comunidade galega e sitúanse en 9.554, o que supón 315 menos.

Con todo, tamén os datos de PCRs reflicten un descenso cuantitativo. Na xornada de onte foron realizadas un total de 8.128, un 20’5% menos que en xornadas como o 31/10, antes de que Feijóo comunicara ós sanitarios que debían de deixar de facer PCRs a contactos próximos de contaxiados.

Por outro lado, se facemos a media de PCRs realizadas dende a xornada do día 5, no que Feijóo emite a orde, comprobamos que hai un descenso conxunto do 21’5% das PCR realizadas; unha redución que á súa vez permite explicar por que caen os casos activos mentres seguen a subir os ingresos en UCI.

Os datos actualizados na mañá deste xoves na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, nos que se inclúen 143 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas na área sanitaria de Vigo; 122 na da Coruña e Cee; 66 na de Pontevedra e O Salnés; 65 na de Lugo; 62 na de Santiago e Barbanza; 41 na de Ourense e 24 na de Ferrol.

En canto aos casos activos, descenden no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza ao rexistrar 2.426 –37 menos que este mércores–; seguida da da Coruña e Cee, con 1.855 –66 menos–; a de Pontevedra e O Salnés, con 1.250 –13 menos–; a de Santiago, con 1.148 –38 menos–; a de Lugo, con 1.064 –65 menos–; a de Ferrol, con 931 –47 menos– e a de Ourense, que conta con 880 –49 menos–.

Ata a data curáronse en Galicia 32.984 persoas, o que implica 823 máis que a contabilizadas ata este mércores. E leváronse a cabo 772.344 PCR, o que supón 8.128 máis que a xornada anterior, e 408.165 probas serológicas –610 máis–.

VÍTIMAS MORTAIS

A Comunidade galega suma 43.575 contaxiados desde o inicio da pandemia pola Covid e 1.039 persoas falecidas, tras as 15 vítimas mortais notificadas por Sanidade na tarde deste mércores, delas media ducia vinculadas a residencias.

Deste xeito, Galicia rexistrou 15 falecidos por segundo día consecutivo, que representa unha das maiores cifras da segunda onda da pandemia. Todas as persoas mortas presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Miles de persoas claman en Vigo contra a “privatización” da sanidade

Miles de persoas, unhas 15.000 segundo a Policía Nacional, manifestáronse este xoves polas rúas...

Catro persoas condenadas en Vigo por estafar 17.000 euros a unha empresa mediante ‘phishing’

O Xulgado do Penal 1 de Vigo condenou a catro persoas a penas de...

Recurso do goberno de Vigo pola anulación das liquidacións pola subministración de auga a Porriño

O goberno municipal de Vigo confirmou este xoves que recorrerá a sentenza do contencioso...

O BNG esixe unha investigación “a fondo” en Povisa tras o escándalo de manipulación de listas en Torrejón

O BNG urxiu este xoves unha "investigación a fondo" no hospital Povisa de Vigo...