InicioSociedadeA muralla do Castro en Vigo xa loce rehabilitada e con nova...

A muralla do Castro en Vigo xa loce rehabilitada e con nova iluminación

Abel Caballerro celebrou a conclusión das obras, unha "ambición" da cidade por recuperar parte da súa historia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A muralla do recinto fortificado do Castro, en Vigo, xa loce novo aspecto, tras meses de obras de rehabilitación para repor o seu perímetro, instalar nova iluminación e outras actuacións, nas que se investiron case 750.000 euros (o 75 % financiado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e o resto polo Concello).

O secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio, Sergio Vázquez Torrón, acompañou este martes ao alcalde, Abel Caballero, á presidenta da Deputación de Pontevedra (e tenente de alcalde viguesa), Carmela Silva, e ao delegado de Zona Franca, David Regades, nunha visita ao recinto restaurado.

Vázquez Torrón sinalou que esta actuación “reflicte o compromiso” do Ministerio e do Goberno coa cidade de Vigo, así como co seu patrimonio histórico e axenda urbana, e subliñou que o “dinamismo” da urbe “o merece”.

Pola súa banda, o rexedor celebrou a conclusión das obras, unha “ambición” da cidade por recuperar parte da súa historia. Respecto diso, lembrou que as actuacións se iniciaron coa eliminación do “horrendo pastiche” que era o antigo restaurante encostado á muralla, e que impedía gozar de todo o seu perímetro.

Abel Caballero explicou que, ademais da recuperación da muralla (construída no século XVII, como parte da fortificación do Castro), colocouse nova iluminación, adecuáronse as zonas de árbores e outra vexetación, e estanse acondicionando as galerías soterradas, para que se poidan visitar nun futuro.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...