InicioEconomíaO alcalde de Vigo pide á Xunta a declaración de urxente ocupación...

O alcalde de Vigo pide á Xunta a declaración de urxente ocupación para avanzar na ampliación do Ifevi

Lembra que sen ese paso previo da administración autonómica, o Concello non pode expropiar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a urxir á Xunta a que declare a urxente ocupación dos terreos necesarios para ampliar o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), e recalcou que a obra xa conta con “todas as autorizacións”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que tanto Estradas do Estado, como Aeroportos e Seguridade Aérea deron “luz verde” á ampliación, polo que a Xunta debe “actuar” e declarar a “urxente ocupación”.

Superado ese paso, o Concello poderá iniciar a expropiación dos terreos, xa que dispón dos fondos para eles. “Xa se está atrasando (a Xunta), e úrxenos moito a ampliación do Ifevi”, proclamou Abel Caballero, quen lembrou que, sen ese paso previo da administración autonómica, o Concello non pode expropiar.

Temos o diñeiro e estamos de brazos cruzados esperando pola Xunta“, insistiu Caballero, que pediu ao goberno galego “que se aplique”. “Que se apuren, que xa vai sendo hora de que traballen algo”, resolveu.

RESPOSTA DA XUNTA

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recalcou que o Goberno galego tramitou “en tempo e forma” os informes que lle correspondían e que se atopan dispoñibles desde marzo.

Así, asegurou que a única administración á que se podería responsabilizar do “atraso” é o Goberno central, que remitiu o último dos seus informes o pasado mes de outubro, e entendeu que se o rexedor reclamou a declaración de ocupación é porque dispón dos terreos, “como é o seu deber”.

Tamén anunciou que a Xunta poderá convocar nos próximos días a Comisión de urbanismo, tras o que poderá declarar mediante o Consello o interese xeral do proxecto. Despois deste paso, o Concello podería ocupar os terreos.

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a recuperación do Teatro Cine Fraga de Vigo como espazo cultural de referencia

O grupo parlamentario do PPdeG reivindicou este mércores a recuperación do Teatro Cine Fraga...

Caballero responsabiliza á Xunta polo mal estado das válvulas da presa de Eiras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou que a responsabilidade do mantemento e substitución...

O plan de control sobre o caudal dos ríos pon o foco en Vigo, Redondela, Gondomar e Cee tras as últimas choivas

A Xunta mantén activo o Plan de control sobre o caudal dos ríos con...

Vigo acende as luces do “Nadal máis importante do mundo” este sábado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que este sábado, día 15 de novembro,...