InicioEconomíaO goberno de Vigo aproba unha modificación de crédito para investir en...

O goberno de Vigo aproba unha modificación de crédito para investir en decenas de obras 33 millóns dos remanentes

Estarán dedicados especialmente á reforma de rúas e iniciativas vinculadas co proxecto Vigo Vertical.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este xoves unha modificación extraordinaria dos orzamentos en Vigo para incluír investimentos por valor de 33 millóns de euros, con cargo aos remantentes, e que servirán para acometer decenas de actuacións, especialmente de reforma de rúas e iniciativas vinculadas co proxecto Vigo Vertical (ascensores e ramplas).

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, quen detallou unha listaxe de medio cento de actuacións que se executarán con cargo a eses remanentes.

Entre elas, ademais de numerosas ‘humanizacións’ de rúas, está tamén a construción da biblioteca municipal de Teis, o concurso de ideas e o proxecto para o ascensor entre García Barbón e a estación de Urzáiz, a reforma de Praza Elíptica e a da Praza ds Miñoca, unha rampla para conectar o centro de saúde de Teis coa Avenida de Galicia, un ascensor entre Travesía de Vigo e Aragón, un auditorio en Coruxo, ou un plan de eficiencia enerxética para estender o uso de leds na iluminación da cidade.

O alcalde declarouse “inmensamente feliz” por poder levar a cabo estes investimentos. Segundo Caballero, Vigo é a primeira cidade de España que iniciou a mobilización dos seus remanentes, e as obras adxudicaranse entre este ano e principios do ano que vén.

“Estamos a facer o Vigo de finais do século XXI (…), a esta cidade xa non hai quen a pare, sei que estamos a facer historia da cidade”, proclamou.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...