InicioSociedadeCase un milleiro de positivos de Covid-19 nos centros educativos galegos, coa...

Case un milleiro de positivos de Covid-19 nos centros educativos galegos, coa área de Vigo como foco principal

A cidade viguesa e o concello de Mos rexistran, ademais, os casos máis graves de contaxios de todo o territorio galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A escalada de positivos no sistema educativo aínda non remite e os positivos rozan este xoves o milleiro de contaxios en centros, institutos e escolas infantís galegas.

As autoridades sanitarias cuantifican polo menos 961 casos nestas instalacións, case medio cento máis que a xornada anterior e que manteñen unha tendencia de incremento constante e alcanzan cifras que superan nun 30 por cento ás rexistradas hai unha semana.

Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 46 aulas, unha escola infantil en Lugo e un punto de atención á infancia en Boborás, aínda que as cifras de incidencia son maiores ás achegadas pola Xunta, que só recolle as unidades e centros clausurados polo Sergas e non outros peches que se producen por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo ante a COVID-19.

Neste contexto destaca a área sanitaria de Vigo, que se mantén como o foco principal da incidencia da COVID-19 ao contar con 225 positivos por COVID-19 nos seus centros.

A cidade viguesa e o concello de Mos rexistran, ademais, os casos máis graves de contagios de todo o territorio galego, con dez positivos no CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago e once na Plurilingüe Lar, respectivamente.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...