InicioSociedadeDetido en Vigo un mozo de 21 anos por empurrar e agarrar...

Detido en Vigo un mozo de 21 anos por empurrar e agarrar polo pescozo a súa parella, á que xa agredira antes

A vítima tiña hematomas por todo o corpo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 21 anos de idade, X.R.P., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras empurrar e agarrar polo pescozo a súa parella, á que xa agredira en ocasións anteriores.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do pasado venres, cando a central do 092 recibiu unha chamada dunha testemuña que vira un episodio de malos tratos en plena rúa, no barrio de Coia.

Unha dotación policial desprazouse á zona e entrevistouse con esta testemuña, que relatou que escoitara unha acalorada discusión entre un mozo e unha moza na rúa, e que o home empuxara a muller, agarrándoa fortemente polo pescozo e colocando a cabeza dela baixo o seu brazo, mentres a apertaba contra o seu corpo.

Os axentes dirixíronse á rúa Soutomaior, por onde se fora a parella. A muller relatou que tivera unha discusión co mozo por un problema relacionado cun teléfono móbil, e que el comezara a agredila de forma violenta e repentina.

Os axentes observaron que a moza tiña un pómulo amoratado, e ela mesma recoñeceu que debido a agresións anteriores presentaba hematomas por todo o corpo, polo que foi levada a un hospital.

Pola súa banda, o home manifestou de maneira espontánea que tivera unha forte discusión coa súa parella e que esta “acabara mal”.

Ao ser informado de que sería detido por un suposto delito de violencia de xénero, o mozo reaccionou de forma agresiva e comezou a propinar patadas ao vehículo policial. Os axentes trasladárono a un centro médico, onde lle deron sedantes para controlar a súa conduta.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...