InicioSucesosDeteñen un home por tentar acoitelar ao compañeiro de piso acusándoo de...

Deteñen un home por tentar acoitelar ao compañeiro de piso acusándoo de roubarlle diñeiro

Axentes da Policía Local conseguiron repeler o ataque, pero o home tentou acoitelar tamén a un dos funcionarios, polo que tivo que ser reducido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, E.H.V.F., de 62 anos de idade e de nacionalidade peruana, como presunto autor dunha tentativa de homicidio, por tentar acoitelar a un compañeiro de piso, ao que acusaba de roubarlle diñeiro.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada deste venres, cando un home chamou ao 092 para denunciar que outro home que vive no seu domicilio subtraéralle diñeiro e que por iso pretendía cravarlle un coitelo, repetindo a ameaza ata en tres ocasiones.

Ata o lugar, na rúa Colombia, desprazouse unha dotación policial que, ao chegar ao domicilio, atoparon a unha muller entrando no piso. A señora sinalou que non sabía por que acudira a Policía e que ela estaba a regresar de traballar.

Cando os axentes accederon á vivenda observaron a un home, que recoñeceu ser o que chamara ao 092, e que lles explicou que outro home, ao que alugara unha habitación no seu domicilio, lle roubara diñeiro e se pechara no cuarto de baño.

Os policías conseguiron que o home encerrado (que estaba ebrio) lles abrise a porta pero, nese momento, o outro home abalanzouse sobre el e, sacando un coitelo que levaba oculto, tratou de cravarllo.

Os axentes conseguiron repeler o ataque, pero o home tentou acoitelar tamén a un dos funcionarios, polo que tivo que ser reducido. O home, que opuxo gran resistencia e ameazou de morte aos axentes, foi finalmente detido.

Mentres, a muller que estaba na vivenda, esposa do arrestado, informou os policías de que atopara a carteira do seu marido, metida entre dous electrodomésticos que teñen no seu cuarto, e en que no seu interior había 640 euros.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...