InicioSociedadeAs asociacións veciñais de Teis e Chapela solicitan a Fomento a supresión...

As asociacións veciñais de Teis e Chapela solicitan a Fomento a supresión da peaxe Rande-Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela presentou un escrito conxunto no rexistro do edificio da Xunta en Vigo,dirixido ao José Luis Ábalos Meco, novo Ministro de Fomento, solicitando a supresión da peaxe Rande-Vigo pendente de concreción dunha data, a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro da cidade de Vigo e medidas contra a contaminación acústica.

“Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos que o Ministerio, concrete unha data para a supresión da peaxe, logo de case seis meses de anunciar a supresión da mesma”, denuncian.

Rande Aria de vigo
Ponte dende a estrada redondelana/ Miguel Nuñez

O pasado 23 de xaneiro, o Ministerio de Fomento aceptaba a reivindicación de liberar a peaxe Rande-Vigo. No pasado mes de marzo, informaban que estaban negociando con Audasa unha posíbel contrapartida, en relación á supresión da peaxe Rande-Vigo.

“A eliminación da peaxe debe incluír a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro da cidade de Vigo medidas contra a contaminación acústica. Ademais esiximos que o Ministerio de Fomento, a aprobación definitiva do Plan de Acción contra o Ruído 2º fase”, selaron.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...