InicioPolíticaCaballero carga contra a Xunta polo peche dos comedores escolares: "moitos nenos...

Caballero carga contra a Xunta polo peche dos comedores escolares: “moitos nenos non comerán”

Insta a Feijóo a dialogar coas Anpas para garantir a reapertura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este martes a súa “preocupación” pola situación dos comedores escolares xestionados pola Anpa da cidade, que non abrirán ao comezo de curso pola ausencia de protocolos claros de seguridade antiCOVID, e urxiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que sexa el persoalmente o que “tome cartas no asunto” para solucionar esa “gravísima” cuestión.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, no caso da cidade, a metade dos comedores escolares estarán pechados e urxiu á Xunta a establecer “diálogo de forma inmediata” coas Anpas porque “moitos nenos, se non comen no comedor, sinxelamente non comen” e porque este servizo “é unha forma de conciliar para os seus pais e nais”.

O alcalde asegurou que o Concello de Vigo facilitará a flexibilidade horaria para os funcionarios con fillos usuarios destes comedores, pero lamentou que o goberno galego “mira para outro lado”. “Quero acender a luz vermella, isto é dunha gravidade extrema e pídolle ao presidente da Xunta que tome cartas no asunto el persoalmente, non vale un xefe provincial, que non ten nivel para resolvelo”, advertiu Caballero.

“Quero que responde disto o presidente da Xunta”, insistiu o rexedor, que recibirá en próximos días á Federación Olívica de Anpas, e que afirmou que a Xunta “recibe 100 millóns de euros do Goberno de España para atender a Educación”. “A que os dedican? Non contratan profesores, non acondicionan os espazos, non atenden aos comedores, onde están eses 100 millóns?”, cuestionou Abel Caballero, quen proclamou que “haberá nenos que non van comer, e diso responderá a Xunta”.

FONDOS SEN CONCRETAR

Pola súa banda, fontes da Consellería de Educación consultadas por Europa Press precisaron que Galicia, a día de hoxe, segue sen coñecer cal é a cantidade de fondos que lle corresponden dos anunciados polo Executivo central para a volta aos colexios.

Así mesmo, apuntaron que non só non se coñece a cantidade, senón que tampouco se informou das condicións nas que se fará a transferencia, que non aínda non se produciu.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...