InicioSociedadeOs hostaleiros da provincia advirten de que prohibir fumar en terrazas será...

Os hostaleiros da provincia advirten de que prohibir fumar en terrazas será “fonte de conflito”

O presidente da Federación de hostaleiros, César Sánchez Ballesteros, sinalou que o sector apoia as medidas encamiñadas a minimizar o risco de contaxio de coronavirus, pero puntualizou que será necesario un tempo de "adaptación" e unha "concienciación" por parte dos fumadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Provincial de Hostaleiros de Pontevedra (FEPROHOS) advertiu este venres de que a prohibición de fumar en terrazas cando non se poida manter a distancia interpersoal de 2 metros “vai ser unha fonte de conflito”, e apuntou que os hostaleiros “non poden ser policías” para vixiar constantemente aos clientes.

Así o trasladou o presidente da Federación, César Sánchez Ballesteros, que sinalou que o sector apoia as medidas encamiñadas a minimizar o risco de contaxio de coronavirus, pero puntualizou que será necesario un tempo de “adaptación” e unha “concienciación” por parte dos fumadores.

A ese respecto, Sánchez Ballesteros sinalou que é posible que haxa clientes fumando a dous ou máis metros doutros e que, con todo, “lles chegue igual o fume polo vento”. Os primeiros, sinalou, “estarían a cumprir a normativa”, pero os segundos poderían ter risco por ese fume.

En todo caso, subliñou que “non pode ser que os hostaleiros teñan que ser os policías” que vixíen e amoesten aos clientes, porque “se lles pode chamar a atención” pero non teñen “autoridade” para obrigarlles a cumprir a normativa. “E con todo, se non se cumpre, pódennos sancionar”, lamentou.

Por todo iso, afirmou que esa limitación vai ser “unha fonte de conflito” e engadiu que “hai que buscar algunha opción para os clientes que desexen fumar”, sen que iso supoña un problema para o resto.

EXPERIENCIA PILOTO DE ASESORES

O presidente de FEPROHOS fixo estas declaracións no acto de presentación dun proxecto piloto por parte deste sector: un equipo de consultores que visitará os locais de lecer para asesorar aos traballadores sobre a aplicación de medidas ‘antiCOVID’.

Así, este equipo (que inicialmente está composto por 4 persoas que traballarán en Vigo ata o 31 de agosto, pero que poderá ampliarse) encargarase de facer fincapé en actuacións e “pequenos erros” que se cometen á hora de aplicar esas medidas de prevención.

Por exemplo, sinalou Sánchez Ballesteros, apuntarán a importancia de desinfectar tamén os asideros das cadeiras (e non só a zona de sentar ou as mesas), de que os camareiros fagan uso do xel hidroalcohólico, ou de que unha única persoa sexa a encargada de servir as bebidas ou comida común nas mesas (para que só esa persoa toque as botellas, a cesta de pan, o cuenco de ensalada, etc. e non pasen “dunhas mans a outras”).

ÚLTIMAS

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral...

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos...

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo),...