InicioSucesosDetido no Porriño cando circulaba nun camión quintuplicando a taxa de alcol...

Detido no Porriño cando circulaba nun camión quintuplicando a taxa de alcol permitida

A Garda Civil conseguiu detelo logo de varios kilómetros circulando á par.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou a un camioneiro que quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia na autovía A-52 no municipio do Porriño, tras iniciar viaxe en Ourense e dirixirse a Lisboa. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron sobre as 23,00 horas do día deste martes. A Central Operativa de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra recibiu unha chamada telefónica dun particular para alertar da “circulación errática”, sinalaron as mesmas fontes, dun vehículo articulado pola A-52, á altura da localidade de Ponteareas.

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño dirixiuse ao lugar dos feitos. Tras varios quilómetros dando o alto ao vehículo que circulaba en zigzag entre a beiravía e o carril esquerdo, “con evidente risco para a circulación”, subliñou a Benemérita, os axentes lograron interceptalo á altura do quilómetro 305 da vía.

Os gardas civís comprobaron que o condutor do vehículo articulado, un home de 48 anos natural e veciño de Ourense, “presentaba evidentes síntomas de influencia alcohólica”, sinalou o Instituto Armado, polo que foi requirido para realizar as probas de alcoholemia e drogas. O implicado obtivo resultado positivo en alcoholemia con taxas de 0,74 mg/l en ambas as probas, cinco veces máis que o máximo permitido aos condutores deste tipo de vehículos, que é 0,15 mg/l.

Por estes feitos, instrúense dilixencias por un suposto delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e condución temeraria polo risco xerado no momento de procederse á interceptación do investigado. As dilixencias serán entregadas no xulgado de garda da localidade do Porriño.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...