InicioVigo e contornaA covid segue gañando terreo en Vigo con 7 novos contaxios

A covid segue gañando terreo en Vigo con 7 novos contaxios

O total da área sanitaria viguesa queda en 74 casos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia segue en aumento tras sumar outros 31 con respecto a este martes e elévase a 406 —tras subir en todas as áreas sanitarias–, dos que 161 corresponden á da Coruña e Cee. Este incremente xeralizado vese reflectido nos datos concretos da área sanitaria de Vigo, que nas últimas 24 horas rexistrou 7 novos casos que elevan a conta total de contaxios a 74.

Así se reflicte nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 18 permanecen en unidades de hospitalización convencional –tres máis que este martes– e dous na UCI –sen cambios–, mentres que 386 atópanse en seguimento domiciliario –28 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 406 casos activos, 161 corresponden á área da Coruña e Cee –11 máis que este martes–; 74 á de Lugo –tres máis–; 74 á de Vigo –sete máis–, 35 á de Pontevedra e O Salnés –seis máis–; 29 á de Ourense –uno máis–; 28 á de Santiago –dúas máis– e cinco á de Ferrol –uno máis–.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.331 persoas, 13 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima mortal foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 257.156 fronte ás 255.305 contabilizadas ata este martes, apuntou Sanidade.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...