InicioVigo e contornaRedondelaO comisario Carlos Alfonso Valcárcel asume a Xefatura da Comisaría de Policía...

O comisario Carlos Alfonso Valcárcel asume a Xefatura da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela

Carlos Alfonso Valcárcel contra cunha traxectoria de 43 anos no corpo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comisario Carlos Alfonso Valcárcel asumiu a Xefatura da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela en substitución de José Luís de Luís Gallego.

Fontes policiais precisaron que Carlos Alfonso Valcárcel ostentaba o cargo de comisario xefe local de Operacións e exercía a Xefatura da Comisaría de Vigo-Redondela en funcións desde marzo debido á xubilación do anterior comisario xefe.

Valcárcel conta cunha traxectoria de 43 anos no corpo, un período durante o que ocupou diferentes postos de traballo na Comisaría Provincial de Pontevedra. Así mesmo, entre entre 1986 e 1995 foi destinado á Xefatura Superior de Navarra e en 2019 incorporouse á Comisaría de Vigo-Redondela.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu o acto de toma de posesión este xoves en Vigo, onde puxo en valor “o apoio, o compromiso e o esforzo” mostrados por Carlos Valcárcel tras asumir a xefatura accidental da Comisaría.

Nesta liña, remarcou que afrontou “meses moi duros” e de “intenso traballo”. “A COVID-19 chegou para alterar a nosa vida dun modo que non podiamos sospeitar”, sinalou Larriba tras apuntar que o risco de contaxio sumouse aos que asumen os policías debido á súa profesión.

Ademais, asegurou que os profesionais da Comisaría estiveron “á altura” das circunstancias e fixeron “máis sinxelo” que a poboación asumise as súas consecuencias mediante a súa colaboración. Así, a subdelegada do Goberno en Pontevedra destacou o seu “comportamento exemplar” e a súa “dedicación” durante os últimos meses.

Adicionalmente, o acto contou coa presenza do xefe superior de Policía en Galicia, José Luís Balseiro, a comisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...