InicioSociedadeMariñeiros evacuan a un mozo que necesitaba asistencia sanitaria nunha praia de...

Mariñeiros evacuan a un mozo que necesitaba asistencia sanitaria nunha praia de difícil acceso de Moaña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo foi rescatado por uns mariñeiros da zona nunha praia de difícil acceso situado na praia do Con, no municipio pontevedrés de Moaña. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 22,00 horas o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 solicitou axuda ao 112 para evacuar a un paciente que se atopaba nunha cala pequena.

Ademais, o persoal do 061 indicou que o acceso por terra era moi complexo, polo que posiblemente sería necesario facer o rescate por mar. Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas, que barallaron a posibilidade de enviar unha embarcación para evacuar ao mozo.

Así mesmo, os xestores do 112 informaron os axentes da Garda Civil, da Policía Local, da Policía Autonómica e aos Bombeiros do Morrazo e de Vigo. Unha vez no punto, os axentes da Policía Local confirmaron que o mozo foi trasladado por uns mariñeiros da zona nunha embarcación ata o porto, onde esperaba unha ambulancia para derivalo ao centro sanitario da localidade.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...