InicioSociedadeTraballadores de Vitrasa maniféstanse ante a Concello contra as promesas "incumplidas" de...

Traballadores de Vitrasa maniféstanse ante a Concello contra as promesas “incumplidas” de Abel Caballero

Denuncian que o alcalde non levou a cabo "ningunha" das medidas para a protección dos traballadores fronte a crise da covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Membros do persoal de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, realizaron unha nova concentración diante do concello para esixir do Goberno municipal e da compañía que atendan as problemáticas formuladas polo comité e para denunciar o “incumprimento” nas medidas anunciadas polo alcalde a respecto das compensacións pola aplicación do ERTE.

Coa desta venres son xa 5 as xornadas de mobilización. Na xornada de hoxe, o presidente do comité e delegado da CIG, Imanol Arnoso, aproveitou para lembrar que o alcalde de Vigo asegurou que se “blindarían os salarios” para contrarrestar o impacto do ERTE nas economías dos traballadores e traballadoras das concesionarias. Porén, e sempre segundo a versión do sindicato, das medidas anunciadas “unicamente se levaron a cabo as que significaron unha mellora para a empresa, como foi unha ampliación en 5 anos da actual concesión, pero ningunha para o persoal”.

Xunto a isto, o delegado apunta que segue sen aclararse se se manterán os baños portátiles para o cadro de persoal instalados durante o estado de alarma e se se colocarán tamén nas liñas que aínda non contan con este servizo nas cabeceiras. “Dende o comité” matiza Arnoso, “levamos anos reivindicando este tipo de instalacións para que os condutores e as condutoras non teñamos que depender dos servizos das cafetarías ou outros centros”.

O obxectivo da concentración pasa tamén por pedir ao Concello o establecemento de novos métodos de pago xa que até esta mesma semana non se volveron permitir os pagos con moeda. “Até entón unicamente existía a posibilidade da tarxeta moedeiro e a PassVigo. Pero para a xente de fóra de Vigo non hai outras alternativas de pago máis que en moeda“, apunta.

“Estas son as reivindicacións que vimos facerlle ao alcalde, pero logo de cinco concentracións non só segue sen dignarse saír falar con nós, senón que incluso denegou todas as solicitudes que lle trasladamos“, lamentou Arnoso, quen sinalou á responsabilidade do Concello de Vigo, como titular da concesión, nas condicións deste servizo público.

DEMANDAS A VITRASA

A mobilización serviu tamén para dar a coñecer unha serie de esixencias que teñen como obxectivo a empresa concesionaria. En canto ás demandas a Vitrasa, o representante do persoal reclamou unha reorganización dos horarios laborais que contemple os descansos “adecuados” dentro da xornada; unha redución da eventualidade; e o cumprimento tanto do convenio colectivo como dos acordos alcanzados entre empresa e comité, que afectan á calidade do servizo ofrecido ós viaxeiros e ao propio traballo do persoal.

Xunto a isto, o presidente do comité denunciou a ineficacia das mamparas colocadas para combater a Covid19, a inexistente protección da mutua, e a falta de EPI suficientes, pois Vitrasa só lles entrega unha máscara por semana, “cando debería dotarnos cunha máscara diaria para realizar o noso traballo con seguridade”.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...