InicioSucesosFerida unha muller tras ser atropelada polo seu propio vehículo en Mos

Ferida unha muller tras ser atropelada polo seu propio vehículo en Mos

O sinistro puido ser provocado por un freo de man mal posto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller necesitou asistencia sanitaria despois de ser alcanzada na tarde deste luns polo seu propio vehículo no municipio de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, posiblemente o freo de man “mal posto” provocou o sinistro a última hora da tarde deste luns en Mos.

O 112 Galicia tivo coñecemento sobre as 20:30 horas deste luns do accidente de Mos, que tivo lugar no Camiño do Rial, tal e como indicou a persoa que chamou ao servizo de emerxencias para pedir asistencia sanitaria para unha muller que acababa de ser atropelada polo seu propio coche.

A muller estaba liberada e accesible tras o atropelo, o que facilitou a rápida atención médica da ferida, destacou o servizo de emerxencias.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como da Garda Civil e dos membros do Servizo Local de Emerxencias. Tamén foi informada a Policía Local.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...