InicioSociedadeAnunciada a licitación para reformar a bancada de Marcador en Balaídos

Anunciada a licitación para reformar a bancada de Marcador en Balaídos

A licitación faise por un importe de 16,6 millóns de euros que serán financiados polo Concello e pola Deputación de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local do Concello de Vigo deu luz verde ao expediente de contratación da reforma da bancada de Marcador, no estadio municipal Abanca Balaídos, por un importe de 16,6 millóns de euros que serán financiados polo Concello e pola Deputación de Pontevedra.

Así o anunciou este xoves en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen explicou que a previsión do goberno local é que a obra poida adxudicarse en novembro.

A actuación contempla, ademais da reforma da zona de bancada (onde se instalarán 6.418 butacas), a construción de 8 ascensores, a renovación da iluminación, novos baños e outros servizos. O prazo de execución dos traballos é de 18 meses.

O alcalde destacou, tras anunciar esta obra, a “negativa total” da Xunta a achegar financiamento para a reforma do estadio municipal. “Non pon nin un só céntimo. Agora, ao palco veñen encantados”, censurou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...