InicioPolíticaMarlaska pide o voto para G. Caballero para lograr un "verdadeiro goberno...

Marlaska pide o voto para G. Caballero para lograr un “verdadeiro goberno progresista”

Grande Marlaska percorreu o paseo de Samil xunto a Abel Caballero e Carmela Silva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, pediu desde a praia de Samil, en Vigo, o voto para o candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, para lograr un “verdadeiro goberno progresista” na Xunta.

“O Goberno central necesita gobernos autonómicos importantes, como o de Galicia, que sexan verdadeiros gobernos progresistas”, manifestou Marlaska, convencido de que “iso” só o garante en Galicia Gonzalo Caballero e o PsdeG-PSOE.

Así, en referencia ao aspirante socialista, asegurou que ten “forza, ideais e equipo”. “Pero sobre todo ten un partido importante detrás, un partido serio, que estivo sempre coa sensibilidade do Estado e do autogoberno“, indicou.

Acompañado polo candidato socialista á Xunta, Grande Marlaska percorreu o paseo desta praia xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A comitiva socialista, entre a que se atopaban candidatos, militantes da cidade e os zancudos que acompañan a campaña do PSdeG, espertou gran expectación entre a veciñanza que neste domingo se atopaba gozando do sol no areal.

No percorrido, durante o que varias persoas se achegaron ao ministro para sacar unha foto, Gonzalo Caballero describiulle a Marlaska a cidade de Vigo. “Pero as marabillas son as de en fronte”, sinaloulle en referencia ás Illas Cíes.

“A próxima vez traio o bañador”, comentou o ministro antes de que o alcalde retase á prensa a bañarse. “Se vos atrevedes vós, nós imos”, exclamou o rexedor.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...