InicioEconomíaA Xunta arrinca un proxecto para construír 1.600 vivendas protexidas en Navia...

A Xunta arrinca un proxecto para construír 1.600 vivendas protexidas en Navia en plena campaña

A autoridade autonómica vén de axudicar a redacción do proxecto de urbanización, que tamén permitirá ampliar o chan residencial do barrio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A pouco máis dunha semana para as eleccións autonómicas, a Xunta adxudicou a redacción do proxecto de urbanización que permitirá ampliar o chan residencial do barrio de San Paio de Navia e construír unhas 1.600 vivendas protexidas e volveu a urxir ao Concello a aprobación definitiva do plan parcial da zona.

Así o apuntou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, este venres nunha rolda de prensa celebrada na cidade olívica, onde detallou que o importe da adxudicación dos traballos á empresa Proyfe ascendeu a máis de 211.155 euros e que o seu prazo de execución estimouse en seis meses.

Segundo informou a titular, a amplicación da zona residencial abranguerá un total de 265.000 metros cadrados, nos que se construirán unhas 1.600 vivendas protexidas, e a dotación de máis de 489.200 metros cadrados de zonas verdes, urbanizados en 2011. Para acadar estes obxectivos, procedeuse á adquisición, en fases anteriores do proceso, de 80.000 metros cadrados, aos que se sumaron outros 50.000 en 2016 mediante un investimento de 10 millóns de euros.

UN PLAN PARCIAL “NO CAIXÓN”

O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, criticou que a actuación tivera que demorarse “máis de seis meses” esperando pola aprobación do plan parcial por parte de Concello de Vigo, unha crítica que compartiu a delegada territorial da Xunta na cidade olíviva, Marta Igrexas. A titular reprobou que o plan parcial de Navia “siga metido nun caixón da Alcaldía” e puxo en valor que o Goberno galego “siga adiante” co proxecto “fronte aos que se cruzan de brazos”, en alusión ao goberno local.

ÚLTIMAS

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

O embaixador de Perú realizará unha ofrenda floral ante a placa dedicada ás vítimas do Pitanxo no Porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, realizará este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...