InicioSociedadeO 'Camaleón' de Samil será derrubado para convertelo en zona verde

O ‘Camaleón’ de Samil será derrubado para convertelo en zona verde

O Concello acometerá esta obra pois a concesión xa finalizou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo derrubará o edificio que albergaba a cafetaría ‘Camaleón’, en pleno paseo da praia de Samil, e cuxa concesión finalizou, para converter esa área en zona verde.

Así o confirmou o rexedor, Abel Caballero, nunha rolda de prensa, na que explicou que a administración municipal recepcionou ese espazo a mediados de xaneiro, tras finalizar unha concesión de 35 anos outorgada a mediados dos anos 80.

“Tomei a decisión de que se faga unha zona verde”, anunciou, e confirmou que o “esperpento” de edificio da cafetaría será demolido, do mesmo xeito que se fixo no seu día co restaurante-cafetaría As Dornas, tamén no paseo do emblemático areal vigués.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...