InicioSociedadeManifestación ante a Xunta por unha renda básica galega contra a "esmola"...

Manifestación ante a Xunta por unha renda básica galega contra a “esmola” da RISGA

Critican que as as axudas dispoñibles son "insuficientes" e "febles"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Da Risga e o IMV á renda básica. Dúas ducias de asociación sociais galegas presentan este martes 23 unha campaña para implantar un ingreso mínimo universal en Galicia para rematar cun “emprobecemento” que, segundo os convocantes, non é capaz de solventar o IMV do Goberno central nin a RISGA, á que caracterizan de “esmola”.

A presentación da medida, que esixen converter na “base” das políticas sociais do vindeiro goberno autonómico, contempla mobilizacións ante as dependencias da Xunta en A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela. No caso de Vigo a concentración queda fixada ante as dependencias de Política Social, situadas na rúa Concepción Arenal, mentres que en Santiago terán lugar en San Caetano. Todas as convocatorias darán comezo ás 11:00 horas.

As demandas da campaña, titulada “Nin RISGA, nin IMV, renda básica xa!” oriéntanse á conformación dun ingreso que, a diferencia dos xa existentes, cubra a todas as persoas do ámbito do estado, independentemente da súa situación de regularidade documental. Neste aspecto, os convocantes consieran que a COVID puxo de relevo a necesidade de superar medidas “minúsculas” que deixan sen cobertura a unha ampla capa da sociedade, apunta.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...