InicioSucesosTres anos de cárcere para un acusado de vender droga nun bar...

Tres anos de cárcere para un acusado de vender droga nun bar de Vigo

O TSXG desestimou o recurso presentado polo acusado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por un acusado dun delito de tráfico de drogas e confirmou a condena imposta de 3 anos de prisión, segundo informaron fontes xudiciais.

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou, en abril de 2019, a este home e a dúas mulleres por un delito contra a saúde pública, por vender cocaína polo miúdo nun bar da rúa Fontáns, en Vigo. Así, impuxo ao home a condena de 3 anos de prisión e multa de 165 euros; mentres que as mulleres foron sentenciadas a dous anos e un ano de cárcere respectivamente.

A defensa do home presentou recurso de apelación para que se lle aplicase un subtipo penal atenuado, pero o alto tribunal galego desestimouno e confirmou a condena do tribunal provincial.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...