InicioSucesosTrasladadas tres persoas por un incendio nunha vivenda en Vigo

Trasladadas tres persoas por un incendio nunha vivenda en Vigo

Os bombeiros confirmaron, unha vez extinguidas as chamas, que ardera a campá extractora e os mobles superiores da estancia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas precisaron asistencia sanitaria este sábado tras rexistrarse un incendio nunha vivenda de Vigo, tal e como informou o CIAE 112-Galicia.

En concreto, o lume iniciouse sobre as 18,00 horas na cociña dunha vivenda dun edificio de 10 plantas situado na Avenida Alcalde Portanet, en Castrelos.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Protección Civil, así como persoal sanitario, que trasladou a tres persoas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Un dos feridos sufrira queimaduras, mentres que os outros dous estaban afectados por inhalación de fume.

Os bombeiros confirmaron, unha vez extinguidas as chamas, que ardera a campá extractora e os mobles superiores da estancia. Tamén resultaron danados os cristais da cociña e toda a vivenda viuse afectada o fume.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...