InicioPolíticaAbel Caballero pide apoiar a prórroga do estado de alarma porque "dá...

Abel Caballero pide apoiar a prórroga do estado de alarma porque “dá resultado”

Caballero sinalou que a decisión de decretar o estado de alarma "foi a adecuada" e que, semanas despois, logrouse "torcer" a curva de contaxios. No entanto, engadiu, "necesítanse dúas semanas máis", e pediu aos grupos políticos que apoien a prórroga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, instou este luns aos grupos políticos a apoiar a prórroga do estado de alarma máis aló do 8 de xuño, porque se demostrou que “dá resultado” para loitar contra a pandemia de coronavirus.

Nunha rolda de prensa telemática, o rexedor, que tamén é membro da Executiva do PSOE, advertiu que nun momento en que “segue habendo contaxios e falecidos”, “enténdese mal a polémica política” ao redor desa prórroga.

Así, sinalou que a decisión de decretar o estado de alarma “foi a adecuada” e que, semanas despois, logrouse “torcer” a curva de contagios. No entanto, engadiu, “necesítanse dúas semanas máis”, e pediu aos grupos políticos que apoien esa prórroga.

Non se entende o debate político (ao redor desta cuestión) cando segue habendo contaxios e falecidos, e cando todos temos a mente na loita contra a pandemia e na reconstrución”, sinalou, e lamentou a “tensión política” na que se instalaron algúns grupos da oposición.

Segundo proclamou, a el non o atoparán “nese debate político” e trasladou a súa posición a Galicia, onde o próximo 12 de xullo celebraranse eleccións autonómicas. “Non me van ver debatendo a actuación de Feijóo,… e tería moito que dicir“, aseverou.

Abel Caballero afirmou que a súa actuación se centrará na cidade de Vigo, na saúde dos veciños e na economía, porque “é o momento de seguir centrados no que interesa”. “Non haberá atención ás eleccións pola miña parte, porque hai cuestións infinitamente máis importantes que atender”, sentenciou.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...