InicioEconomíaGalicia e Norte de Portugal piden abrir máis pasos fronteirizos

Galicia e Norte de Portugal piden abrir máis pasos fronteirizos

Deseñan un "plan de investimentos transfronteirizos postcovid".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDRR-N) acordaron dirixirse aos Gobernos de España e Portugal para solicitar a apertura de máis pasos fronteirizos entre ambas as rexións e poder reactivar as “intensísimas” relacións económicas e sociais, “aínda que sexa con restricións”.

Así o trasladou o vicepresidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, ao termo dunha reunión telemática co presidente da CCDRR-N, Fernando Freire, na que estiveron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, ademais do propio Rueda.

Segundo explicou Rueda, nese encontro abordouse a situación sanitaria a ambos os dous lados da ‘raia’, “moi similar, mesmo lixeiramente mellor en Galicia”, e concluíuse que debe incrementarse a mobilidade entre Galicia e o Norte de Portugal, coa apertura de máis pasos fronteirizos.

A ese respecto, o vicepresidente do goberno galego lembrou que, dos 27 pasos existentes, tras a declaración do estado de alarma só quedaron habilitados dous: o de Tui-Valença, na provincia de Pontevedra, e o de Verín-Chaves, na provincia de Ourense. “Visto que a situación sanitaria é boa, é necesario que se incrementen as posibilidades de paso, aínda que sexa con restricións, para evitar grandes desprazamentos de ata 100 quilómetros“, aseverou Rueda.

O vicepresidente galego subliñou tamén a importancia de, no actual contexto de desescalada, “retomar as intensísimas relacións económicas e sociais” entre ambas as rexións, que agora están “imposibilitadas”. “Esperamos que os dous Gobernos sexan sensibles a esta demanda”, engadiu.

Por outra banda, anunciou que a Xunta e a CDDRR-N volverán reunirse en xuño para abordar o deseño dun “plan de investimentos transfronteirizos postcovid”. Así, identificaranse posibles actuacións conxuntas, “agora que se abre un novo escenario de financiamento europeo”, e liñas de cooperación.

ÚLTIMAS

Caballero asegura que Vigo xa abastece Baiona e advirte: “Podo cortar mañá a subministración”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que Baiona xa está a...

Vigo volve esixir á Xunta e á Deputación que paguen a terzos as rutas de Peinador

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por sétima vez no que...

Unha muller e un neno, trasladados ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha vivenda de Vigo

Unha muller e un neno tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras...

Vigo dá luz verde á taxa turística: de 0,80 a 2 euros, segundo o aloxamento

O pleno de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do goberno local socialista...