InicioSociedadeManuel Reigosa, novo reitor da UVigo, celebra unha "sintonía plena" con Abel...

Manuel Reigosa, novo reitor da UVigo, celebra unha “sintonía plena” con Abel Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, transmitiu este martes o seu “desexo absoluto de cooperación” coa Universidade, e prometeu buscar fórmulas para “desbloquear” a débeda que a institución ten co Concello (polo pago do IBI) e tamén melloras no servizo de bus que conecta o centro urbano co campus.

Así o manifestou o rexedor após manter o primeiro encontro formal co novo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, que tomou posesión do seu cargo o pasado venres, en substitución de Salustiano Mato.

Após o encontro, Caballero expresou a súa vontade de chegar a acordos co novo equipo de goberno da Universidade e colaborar “en todo aquilo que sexa posible”, porque a institución académica “é un dos elementos centrais da cidade”.

Nesa liña, o alcalde avanzou que buscará “a fórmula para desbloquear a débeda da Universidade co Concello”, e que o consistorio tamén quere “cooperar en proxectos de investigación”, como xa se está facendo no marco da candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade.

MELLORA DO TRANSPORTE

Por outra banda, asumiu a demanda do reitor de mellorar a conexión de bus urbano co campus, para que o transporte “sexa moito máis rápido, porque tarda moito tempo”. “Comprométome a que, na seguinte concesión (que sairá o ano próximo), faremos unha formulación para que o servizo sexa moito máis fluído e máis rápido”, engadiu.

Pola súa banda, o reitor celebrou que hai “sintonía plena” co alcalde, xa que os dous queren “construír unha mellor universidade”. Este acordo, engadiu, “é moi importante” e augurou que a relación terá un “bo futuro”, á vez que incidiu no seu desexo de que a UVigo estea “máis involucrada e teña máis presenza na cidade”.

ÚLTIMAS

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...