InicioSociedadeO Hospital Vithas Vigo celebra o seu primeiro día sen pacientes de...

O Hospital Vithas Vigo celebra o seu primeiro día sen pacientes de COVID-19

No momento máis crítico da pandemia chegou a atender 21 pacientes e ata catro ingresados en UCI ao mesmo tempo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Vithas Vigo converteuse este martes no primeiro centro da cidade olívica sen pacientes de COVID-19, despois de que o último deles -que ingresou o 6 de abril- recibise a confirmación de dúas PCR negativas.

Segundo explicou o centro nun comunicado, no momento máis crítico da pandemia, o hospital chegou a atender 21 pacientes e ata catro ingresados en UCI ao mesmo tempo. Dous pacientes, con patoloxías previas, faleceron.

O Hospital Vithas Vigo notificou o primeiro paciente con COVID-19 o pasado 10 de marzo. Desde ese día, fóronse establecendo protocolos de seguridade para traballadores e o resto de usuarios, que se manterán activos ante a previsión de que aparezan novos casos.

En total, este centro vigués realizou probas PCR a preto de 300 pacientes. Todos os pacientes que foron curados recibiron a súa alta médica despois de dúas PCR seguidas con resultado negativo.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...