InicioSociedadeA UVigo prevé a reincorporación case total do persoal a principios de...

A UVigo prevé a reincorporación case total do persoal a principios de verán

O proceso realizarase de modo progresivo a partir deste luns

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) deseñou un protocolo que regula a reincorporación do seu persoal ao traballo presencial e estimou que a maior parte dos seus empregados traballarán nas súas instalacións a principios de verán.

O plan que establece o retorno á actividade presencial foi publicado como resolución reitoral e inclúe medidas de prevención de COVID-19. Así, contémplase o seu desenvolvemento en tres fases durante as que a apertura dos centros estará comprendida entre as 9,00 e as 19,00 horas, segundo recolleu a universidade nun comunicado.

A elaboración do borrador do protocolo contou coa participación das vicerrectorías de Planificación e Sustentabilidade, Investigación, Ordenación Académica e Profesorado e a Xerencia. Posteriormente, este documento foi trasladado ao Comité de Seguridade e Saúde do Traballo e foi negociado cos representantes do persoal docente e de administración.

En concreto, a primeira parte do proceso de reincorporación estará divida en dous subperiodos, un organizativo do 11 ao 17 de maio e outro de implantación, que se estenderá entre o 18 e o 31 de maio. Ademais, a segunda fase desenvolverase entre o 1 e o 4 de xuño e, a terceira, do 15 ao 30 dese mesmo mes.

O texto sinala as medidas preventivas que se deben adoptar no marco do acceso a centros, reunións e servizos de atención ao público público. Do mesmo xeito, regúlanse aspectos relacionados coa docencia, a realización de exames e a investigación.

Así, a xerente da UVigo, Raquel Souto, esperou que entre finais de xuño e principios de xullo “a reincorporación do persoal poida ser maioritaria”. Nese sentido, remarcou que se dará cumprimento ás instrucións ditadas polas autoridades competentes e que se priorizará “a saúde dos traballadores”.

PREPARACIÓN

Deste xeito, esta semana comezouse a preparar o retorno á actividade presencial, para a que os responsables das unidades e servizos deberán comunicar as súas necesidades. Así, darase prioridade ás posibilidades de continuación do traballo en remoto e repartirase material de protección para minimizar os contaxios.

A partir deste luns e ata o 31 de maio comezará a primeira fase da continuación do traballo presencial, durante a que se incorporará un 20% do persoal da universidade. En concreto, só volverá ao traballo o persoal considerado esencial para a posta en marcha dos centros, como decanos, xefes de servizo, administradores, conserxes e responsables das unidades, entre outros.

Posteriormente, na segunda fase reincorporaranse os traballadores que dispoñan dun posto exclusivo ou que se atope a unha distancia de dous metros doutros empregados. No caso de que non se poida garantir a distancia de seguridade, permitirase que o persoal alterne o traballo presencial e en remoto mediante quendas rotatorias.

Finalmente, os traballadores cuxo postos se atopen situados a menos de dous metros incorporaranse durante a última quincena de xuño, unha vez que se realicen os axustes que permitan garantir a separación recomendada entre os mesmos.

O texto inclúe así mesmo unha referencia expresa a colectivos de risco ante a COVID-19 e persoas con cargas familiares afectadas o peche de centros educativos e de maiores. Estes empregados poderán manter a realización dos seus labores en remoto se a súa situación non é compatible con medidas de flexibilidade de xornada.

ÚLTIMAS

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...

Investigan o crime dun home apuñalado na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como suposta autora do homicidio dun home na antiga estación de...

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...