InicioSociedadeVigo levará á Xerencia de Urbanismo o proxecto do ascensor entre Vialia...

Vigo levará á Xerencia de Urbanismo o proxecto do ascensor entre Vialia e Vía Norte

O prazo de execución da obra ascenderá a "varios meses" e aínda non se fixou orzamento para ela.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que convocou a Xerencia Municipal de Urbanismo para levar a próxima semana o proxecto do ascensor que conectará a praza da Estación, xunto á que se constrúe o centro Vialia, e a confluencia das rúas Vía Norte e Urzáiz.

Preguntado tras unha rolda de prensa telemática celebrada este xoves, sinalou que o prazo de execución da obra ascenderá a “varios meses” e que espera que estea finalizado “neste mandato”, é dicir, antes de maio de 2023.

Deste xeito, sacarase a concurso o proxecto, que levará a cabo a empresa á que se lle adxudique. Tamén explicou que aínda non se fixou un orzamento para a obra.

En concreto, o rexedor detallou que o ascensor se situará xunto ás escaleiras que conectan a praza da Estación coa Vía Norte e o seu custo será asumido polo Concello. A ese respecto, apuntou que no proxecto definitivo do centro Vialia se contempla a colocación da fachada da antiga estación de tren na zona.

Neste sentido, Abel Caballero remarcou que esta actuación busca conectar ambas as partes da cidade e lembrou as obras vinculadas á remodelación dese ámbito, motivado pola construción da estación deseñada por Thom Mayne, tamén inclúen a instalación dun ascensor que o conectará coa rúa García Barbón.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...