InicioSucesosDenunciado por furtar varias botellas de alcol nun supermercado de Vigo

Denunciado por furtar varias botellas de alcol nun supermercado de Vigo

Tamén se cursou outra denuncia contra un home que tiraba o lixo desde a súa xanela á vía pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 43 anos, F.A.R.C., de Pontevedra e residente en Vigo foi denunciado tras, supostamente, furtar varias botellas de alcol nun supermercado da urbe olívica.

Segundo detallaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar o pasado venres sobre as 17,08 horas, cando os responsables dun supermercado da zona da avenida Portanet contactaron coa Sala de Comunicacións do 091 para alertar de que un home roubara varias botellas de alcol e proporcionaron a súa descrición.

Así, os axentes localizaron a este home, que aínda portaba os produtos subtraídos, a uns 300 metros do establecemento e denunciárono pola comisión dun delito leve de furto.

Por outra banda, ese mesmo día sobre as 16,03 horas, unha dotación policial solicitou información para comprobar se o desprazamento dun home de 30 anos que camiñaba sen documentación, J.A.A.R., se enmarcaba nas excepcións que marca o Real Decreto do estado de alarma.

Deste xeito, comprobouse que lle constaba unha orde de investigación de domicilio e paradoiro do xulgado de Instrución número 7 da cidade en vigor. Por este motivo, puxéronse en coñecemento do órgano instrutor os datos precisos para a resolución da causa xudicial.

Noutra orde de cousas, os axentes foron informados por un veciño da zona de Teixugueiras de que outro residente na zona tiraba o lixo desde a súa xanela á vía pública desde o pasado mes de maio. En concreto, tíñase constancia de que estes feitos tiñan lugar entre as 1,00 e 3,30 horas da madrugada e de que as bolsas quedaban depositadas nunha zona da calzada reservada para persoas con mobilidade reducida.

Tras realizar un seguimento, a pasada semana localizouse unha bolsa reutilizada na que figuraban os datos do cliente entre o contido doutra bolsa que estalara ao impactar contra a calzada. Así, desprazáronse á vivenda sinalada e entrevistáronse cun dos seus moradores, F.A.B., de 42 anos, quen negou os feitos aínda que recoñeceu que era probable que fosen cometidos por outro dos residentes na vivenda. Por iso, os axentes informárono de que se cursaría a correspondente denuncia.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...