InicioSucesosArquivada a causa contra dous detidos por incumprir o confinamento

Arquivada a causa contra dous detidos por incumprir o confinamento

O xuíz considerou que comportamento destas persoas, que "viven na marxinalidade social", podería implicar "un incumprimento de carácter administrativo, pero non a comisión dun delito de desobediencia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo decretou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións nas que se investigaba pola suposta comisión dun delito de desobediencia a dous homes interceptados na urbe en dúas ocasións mentres incumprían o confinamento.

No auto, contra o que cabe recurso, detallouse que estes homes foron interceptados en dúas ocasións na rúa Urzáiz o día 22 de abril, así como que foron detidos no segundo caso por incumprir o confinamento. Ademais, indicouse que, polos mesmos motivos, un destes homes fora proposto para sanción administrativa en oito ocasións anteriores e, o outro, en tres.

A ese respecto, o titular do xulgado considerou que este comportamento podería implicar “un incumprimento de carácter administrativo, pero non a comisión dun delito de desobediencia” dado que “non consta que se lles requiriu, con carácter previo, e de forma expresa e clara, para que non estivesen na rúa”. Tamén incidiu en que “tampouco é constitucionalmente lícito criminalizar unha infracción administrativa polo mero feito da súa repetición”.

Así, o xuíz remarcou que “non se pode entender, nin sequera de forma indiciaria” que os investigados “tivesen a crenza de que de forma grave obstaculizaban de maneira relevante o cumprimento da finalidade do estado de alarma”.

SITUACIÓN SOCIAL

Así mesmo, explicou que se trata de persoas que “viven na marxinalidade social” das que unha se atopa domiciliada nunha casa okupa. Tamén se indicou que a outra “reside case con toda seguridade na rúa ou nunha casa tamén ocupada de forma ilegal”, xa que foi proposta para sanción en varias ocasións en Vigo durante o último mes.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...