InicioSociedadeProfresionais de Medicina Interna sinalan unha diminución da afluencia ás urxencias

Profresionais de Medicina Interna sinalan unha diminución da afluencia ás urxencias

Nestas últimas semanas incrementáronse notablemente as consultas por teléfono, correo electrónico e outros medios telemáticos, que permiten a asistencia e evitan os desprazamentos a hospitais e centros de saúde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sociedade Galega de Medicina Interna (SOGAMI) constatou unha diminución na afluencia aos servizos de Urxencias debido á crise do coronavirus e apuntou que esta crise “está a resultar un ensaio” para as consultas teléfonicas e telemáticas.

A través dun comunicado, o presidente do Colexio de Médicos de Ourense e internista membro de SOGAMI, José Luís Jiménez, sinalou que as visitas a Urxencias reducíronse desde que estalou a pandemia, en gran medida polo “medo dos pacientes a contaxiarse de coronavirus”.

No entanto, apuntou que esta situación tamén revela que, en España, había “unha excesiva frecuentación” das Urxencias. “Nesta crise hase visto que había moitos casos banais que acudían a este servizo“, sinalou o doutor Jiménez que, así mesmo, matizou que segue habendo casos graves que deben acudir a eses servizos sen demora, como ictus, infartos e outras patoloxías.

Por outra banda, nestas últimas semanas incrementáronse notablemente as consultas por teléfono, correo electrónico e outros medios telemáticos, que permiten a asistencia e evitan os desprazamentos a hospitais e centros de saúde.

Nese sentido, SOGAMI concluíu que esta crise está a servir como “ensaio” e “aprendizaxe” para este tipo de asistencia non presencial, aínda que prevé que, cando se dea por superada a pandemia, haberá un repunte nos servizos debido ás consultas e intervencións aprazadas.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...