InicioSociedadeCase corenta denuncias en dous días por incumprimento da corentena en...

Case corenta denuncias en dous días por incumprimento da corentena en Vigo

O alcalde de Vigo indicou que os policías locais localizaron a tres persoas que paseaban pola rúa e descubriron dúas festas realizadas en domicilios particulares, a unha persoa ebria e a un mozo que se desprazou nun taxi para visitar á súa parella.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo propuxo para sanción a 39 persoas por incumprir o confinamento entre este mércores e este xoves, o que eleva o total de multas cursadas desde a entrada en vigor do estado de alarma a 1.142.

Así o detallou nunha rolda de prensa realizada este venres por videoconferencia o alcalde, Abel Caballero, quen destacou o descenso rexistrado no número de sancións diarias impostas. A este respecto, concretou que os axentes realizaron un milleiro de controis durante estes dous últimos días.

Deste xeito, o alcalde indicou que os policías locais localizaron a tres persoas que paseaban pola rúa e descubriron dúas festas realizadas en domicilios particulares, a unha persoa ebria e a un mozo que se desprazou nun taxi para visitar á súa parella. Tamén apuntou que se revisaron os precintos dos areais da cidade.

Así mesmo, o rexedor indicou que en xunta de goberno deuse luz verde a un contrato de emerxencia para adquirir xel hidroalcóholico. Tamén indicou que se comprarán dous somieres para os centros habilitados para positivos por COVID-19 e medio centenar de albornoces para persoas sen fogar que se acolleron en distintas instalacións facilitadas polo Concello.

Do mesmo xeito, Abel Caballero precisou que se alugou un camión que dispón dunha cubeta de nove toneladas e dous canóns para lanzar chorros desinfectantes nas zonas rurais.

Por outra banda, explicou que o vindeiro martes a Xerencia Municipal de Urbanismo tomará coñecemento da remisión á Xunta do documento inicial estratéxico do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para solicitar a súa tramitación e avaliación ambiental. Así, ante as críticas vertidas sobre a súa “ocultación” polos grupos da oposición e a delegada territorial do Goberno galego, Corina Porro, lembrou que foi posto a disposición das demais formacións e a Xunta.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...