InicioSociedadeA área de Vigo rexistra tres novos falecidos pola COVID-19

A área de Vigo rexistra tres novos falecidos pola COVID-19

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de falecidos diagnosticados de coronavirus en Galicia elevouse a 424 persoas, tras rexistrarse outras 9 mortes en hospitais de Galicia, segundo informou este venres a Consellería de Sanidade, que tamén comunicou que, nas últimas 24 horas (este xoves), non se notificou ningún falecemento en residencias de maiores.

Así, Sanidade informou da morte dun home de 78 anos de idade e unha muller de 98 anos, que estaban ingresados no hospital vigués Povisa; dun home de 86 anos e unha muller de 87 anos, ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); e dun home de 75 anos atendido no Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).

Tamén faleceron nas últimas horas un home de 87 anos de idade, no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO); un home de 68 anos no Hospital da Mariña de Lugo; outro home, de 84 anos, ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e un home de 85 anos, que estaba no Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense).

Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...