InicioSociedadeO Concello de Vigo pide á cidadanía achegas ao novo Plan de...

O Concello de Vigo pide á cidadanía achegas ao novo Plan de Ordenación Municipal

O goberno local insiste en rexeitar agora a PXOM de 2008 por "inejecutable" e por prever "destruílo todo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo habilitará en próximos días unha caixa de correos de suxestións para que os cidadáns poidan facer as súas achegas e consultas sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), cuxo borrador foi remitido xa á Xunta.

Así o trasladou este mércores, nunha comparecencia por videoconferencia, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, quen precisou que o envío de documentos á administración autonómica non supón “ningún trámite de aprobación”, senón que é o inicio dun proceso no que aínda falta “moito traballo”. “Non se pechou ningún proceso pola porta de atrás”, incidiu, en resposta ás críticas da delegada territorial da Xunta, Corina Porro.

Abrirase agora, segundo Caride, unha etapa para “enriquecer” o documento, para que sexa unha PXOM “de todos”, no que se proxecta “unha cidade sustentable”. “O plan de 2008 –anulado polo Tribunal Supremo– era inexecutable, e as cuestións que provocaban tanta confrontación, como a Rolda ou o ámbito de Liñeiriños (Porto Cabral) son rexeitadas no novo plan”, afirmou.

Do mesmo xeito que xa mantivera o alcalde, a concelleira de Urbanismo sinalou que a PXOM de 2008 (aprobado poucos meses despois de que Caballero chegase á alcaldía) baseábase na idea de “destruílo todo para construílo todo” e en proxeccións imposibles, como a que xustificaría a dotación de chan para 120.000 novas vivendas. “Iso non o permite a sustentabilidade económica nin o sentido común”, resolveu a edila socialista, que lembrou que o novo documento prevé a construción en próximos anos de 50.000 novas vivendas.

MEDIO AMBIENTE COMO “FÍO CONDUTOR”

A concelleira de Urbanismo repasou as príncipales liñas do borrador da novo PXOM, no que o medio ambiente é o “fío condutor”, e lembrou que se prioriza dar continuidade ao modelo territorial, ampliar as zonas verdes e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Caride mencionou a construción dunha cidade deportiva na zona de Comesaña-A Barxa (fronte á proxectada no plan de 2008, en Valladares, que supuña “tirar 50 casas”), a previsión de soterrar a rolda litoral en Beiramar e darlle continuidade a través dun túnel en Julián Estévez, ou a construción dun novo viario que vertebre a cidade, conectando a A-55 co Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade ou o polígono de Balaídos.

Tamén mencionou outras “pezas irrenunciables” para o goberno local, como a nova autovía ao Porriño ou a remodelación da ligazón de Buenos Aires coa AP-9.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...