InicioVigo e contornaRedondelaSanción por ir á gasolineira co depósito mediado e por denuncialo...

Sanción por ir á gasolineira co depósito mediado e por denuncialo en redes

O denunciado adiantou que pensa recurrir as sancións por algo que entende que é inxusto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esa foi a proposta de sanción que a Policía Local de Redondela aplicou a un veciño da zona por tentar acudir á gasolineira a encher o depósito.

Este veciño de Chapela saiu este venres da casa para facer a compra e encher o depósito de gasolina, logo de levar varias semáns pechado na casa e rotar con outra persoa da casa este tipo de tarefas.

“Subín a Chapela de arriba á panaderia e ao estanco e logo diso achegueime a Rande á gasolineira a encher o deposito. Pero antes de chegar, na rotonda, xa me pararon.” “Eu estaba tranquilo, sabendo que non estaba a facer nada ilegal, díxenlle de onde viña e a onde ía. Pediume o DNI e achegouse á ventanila para ver o nivel do deposito de gasoil e apartouse a falar cun compañeiro. Cando volveu xa viña anotando os datos na libreta”

Segundo indica, cando chegou de volta á súa altura, o axente comunicoulle que o sancionaban “por acudir á gasolineira tendo gasoil suficiente no depósito“.

“Eu por non discutir, díxenlle que el sabería ben o traballo que tiña que facer e educadamente calei. Deume o dni, sen desinfectar, e díxome que dera volta pra casa. E así fixen” asegura J. A.

Sorprendido polos feitos, J.A. consultou o sucedido con varios profesionais, e todos coinciden na libre interpretación do real decreto feito polos axentes locais. De feito o decreto permite literalmente a repostaxe nas gasolineiras e non existe limitación algunha sobre o nivel de combustible do depósito.

Por ese motivo e pola carraxe da situación, denunciou o seu malestar nas redes sociais, o que todo indica que rematou tamén en sanción en aplicación da Lei de Seguridade Ciudadana, coñecida como “Lei Mordaza”.

A Policía Local de Redondela anunciaba onte no seu perfil en Facebook o resumo de actuacións do día no que sinalaban ter tramitadas dúas denuncias en aplicación da citada lei “por falta de respeto e consideración a axentes da policía local a través das redes sociais”

As interpretacións libres do real decreto

Xuristas coinciden no análise de que existe un problema de interpretación das restriccións á liberdade de circulación do artigo 7 do Real Decreto 463/2020 que declarou o estado de alarma está traendo de cabeza a xuristas, policías e usuarios dende o primeiro día.

Artigo 7 do Real Decreto 463/2020

1. Durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades, que deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada:

  • a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
  • b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
  • d) Retorno ao lugar de residencia habitual.
  • e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.
  • g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • h) Calquera outra actividade de análoga natureza.

2 -Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades referidas no apartado anterior ou para a repostaxe en gasolineiras ou estacións de servizo”.

Segundo argumentan, o problema xorde cando concellos, Delegacións do Goberno e incluso Comunidades Autónomas estableceron criterios propios de xeito extensivo, para ampliar as limitacións deste real decreto.

Uns criterios que non emanarían do propio Goberno Central, que foi quen decretou o estado de Alarma, se non que saen de autoridades non competentes, ao seren de rango inferior, como son os Bandos Municipais ou incluso o decreto autonómicos como o decreto da Xunta de Galicia que limita os desprazamentos ás hortas de autoconsumo a 500 m da vivenda habitual.

A xustificación para establecer o que é de “primeira necesidade” ou o que é unha “situación de necesidade” é unha acepción moi ampla no que caben moitos motivos que impliquen necesidade para o cidadán. E precisamente a interpretación desa “necesidade” ábrese tamén a moitos tipos de excusas coas que as forzas de seguridade teñen que lidiar diariamente e filtrar.

De aí a confusión, a libre interpretación e o quebradizo de cabeza que existe no xeito de aplicación do real decreto. Real Decreto que non supón a suspensión de ningún dereito fundamental previstos no artigo 55 da nosa constitución, e que polo tanto só establece unha limitación. Do contrario, estaríanse aplicando criterios propios dun Estado de Excepción.

O denunciado adiantou que pensa recurrir as sancións por algo que entende inxusto.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...