InicioSucesosDesmantelan un punto negro de droga en Vigo en plena corentena

Desmantelan un punto negro de droga en Vigo en plena corentena

O mozo, que ten antecedentes, distribuía os estupefacientes desde o seu domicilio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 24 anos de idade, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, e ao que se lle interviñeron diversas cantidades de cocaína, MDMA (éxtase) e máis de 6.600 euros en efectivo.

Segundo informaron fontes policiais, este individuo xa estaba no punto de mira dos axentes, que sospeitaban que realizaba actividades delituosas no seu domicilio, por mor dunha intervención anterior da Unidade de Seguridade Cidadá.

Esta unidade trasladou as súas sospeitas ao grupo de UDEV III da Brigada de Policía Xudicial, especializado na investigación de tráfico de drogas e que, ademais, xa estaba a investigar ese posible ‘punto negro’ de venda de estupefacientes.

No marco desa investigación, e coa correspondente autorización xudicial, realizouse unha entrada e rexistro a pasada noite no domicilio do sospeitoso, na zona de Tomás Alonso. Alí, os axentes atoparon unha cantidade de cocaína de elevada pureza, suficiente para preparar máis de 500 dose, e que podería alcanzar un valor de 12.500 euros en venda.

TRES DETENCIÓNS ANTERIORES

Así mesmo, a Policía incautouse de MDMA, que alcanzase no mercado ilícito un valor duns 1.100 euros, e útiles para manipular, cortar e envasar a droga, así como 6.650 euros en efectivo.

O mozo foi detido e trasladado a Comisaría, onde se comprobou que, no seu historial, figuran tres detencións anteriores. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución 1 de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...