InicioPolíticaO alcalde de Vigo renuncia a un 50% do seu salario en...

O alcalde de Vigo renuncia a un 50% do seu salario en abril e os concelleiros do PP doarán o 30% do seu

Aínda que apunta á posibilidade de que máis edís do goberno local se somen a esta iniciativa, Abel Caballero di que pode haber concelleiros que non poidan actuar do mesmo xeito por "necesidades persoais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que renunciará a percibir o 50 por cento do seu salario do mes de abril, mentres que os catro edís do Grupo Municipal do Partido Popular doarán o 30 por cento das súas retribucións deste mes a accións que busquen combater a propagación do coronavirus.

O rexedor explicou que a súa renuncia contribuirá ás arcas municipais. Aínda que apuntou á posibilidade de que máis edís do goberno local se somen a esta iniciativa, insistiu en que pode haber persoas que non poidan actuar do mesmo xeito por “necesidades persoais”. “É unha acción individual de cada un”, remarcou.

Abel Caballero precisou que non percibe retribución como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp).

Ademais, lembrou que, durante a crise económica, en concreto en 2012, o seu salario e o dos concelleiros da corporación se reduciu nun 7,1 por cento, a mesma rebaixa que se aplicou ás retribucións do Goberno central, o rei Juan Carlos I e o entón príncipe Felipe.

ÚLTIMAS

Incautados en Tahití case 524 quilos de cocaína nun pesqueiro con base en Vigo

A Mariña francesa incautouse dun alixo de 524 quilos de cocaína atopado nun barco pesqueiro con...

Abel Caballero saca peito do feito no ano 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do 2024, "o mellor ano na historia...

Defensa da Sanidade Pública denuncia que o contrato da Xunta con Povisa “consolida a privatización hospitalaria”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou que o contrato con...

OPINIÓN.- Vigo e a construción da paz mundial

A construción dunha Europa internacionalista e pacífica require unha profunda transformación nas dinámicas de...