InicioSucesosDenunciado por conducir drogado, causar danos nunha praza e saltar o confinamento

Denunciado por conducir drogado, causar danos nunha praza e saltar o confinamento

Os sucesos aconteceron na mañá deste domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo tramitaron denuncia contra un veciño da cidade, P.A.G., de 49 anos de idade, por saltar o confinamento do estado de alarma, conducir baixo os efectos das drogas e causar danos nunha praza pública ao ter un accidente.

Segundo informaron fontes policiais, este home circulaba na mañá deste domingo pola zona de Praza de América a unha velocidade excesiva, polo que perdeu o control do coche e acabou impactando contra unha zona axardinada da praza, causando diversos danos.

Ao lugar desprazouse unha dotación de atestados que, ao identificar o condutor, decatouse de que presentaba síntomas de estar baixo os efectos dalgunha sustancia estupefaciente. Ao realizarlle o test indiciario de drogas, este deu resultado positivo para anfetaminas, opiáceos e cocaína.

Por estes feitos, o home foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria, por saltar o confinamento e polos danos que causou na praza.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...

Juan Magán, Taburete, Marlena e Álvaro de Luna únense ao Galicia Fest e reforzan o cartel musical do verán en Vigo

Juan Magán, Álvaro de Luna, Taburete e Marlena son as novas incorporacións confirmadas ao...