InicioEconomíaConxemar denuncia que a UE deixa fóra das axudas os transformadores e...

Conxemar denuncia que a UE deixa fóra das axudas os transformadores e comercializadores da pesca

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura, Conxemar, denunciou este venres que, “dunha forma incrible”, a Comisión Europea deixa fóra das axudas destinadas á pesca a este sector.

Conxemar lembrou que o informe da Comisión sobre as axudas para apoiar a pesca e a acuicultura, pola suspensión de actividade derivada da crise do coronavirus, establece fondos para o sector extractivo baseándose “na necesidade de liquidez”, e para o sector acuícola para “garantir compensación financeira” pola suspensión ou redución da produción.

Tamén se anunciaron axudas aos produtores para o almacenamento temporal dos produtos da pesca e a acuicultura.

Dunha forma incrible, déixase fóra das axudas ao sector das industrias de transformación e á comercialización, xa sexa de peixe fresco ou conxelado, e a todo o sector comercial, que distribúe estes produtos”, criticou Conxemar, que lembrou que eses distribuidores levan a mercadoría especialmente a pemes que venden á canle horeca (hoteis, restaurantes e cafetarías).

Segundo incidiu a asociación, estes establecementos están obrigados a pechar pola crise sanitaria, coa consecuente perda de todos os ingresos para estas empresas, “incluso o risco de non cobrar os pedidos entregados antes da declaración do estado de alarma”.

Finalmente, Conxemar fixo un chamamento á atención de “autoridades europeas, estatais e autonómicas”, ante “tal manifesta inxustiza cos máis débiles”, para que as axudas cheguen tamén a estas empresas.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...