InicioSociedadeA UVigo podería atrasar o remate do curso escolar ata o verán

A UVigo podería atrasar o remate do curso escolar ata o verán

O reitor confirma que a institución non promoverá expedientes de regulación de emprego

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo celebrou este martes a primeira reunión virtual da súa Consello de Goberno, na que o reitor, Manuel Reigosa, trasladou que a institución tentará, “se é posible”, que o curso académico termine “en prazo”, aínda que precisou que se traballa noutros posibles “escenarios” ante as medidas adoptadas con motivo da crise do coronavirus.

Reigosa admitiu que, ante a incerteza do que ocorrerá nas próximas semanas, e “sendo realistas” porque cabe pensar que a reapertura das aulas será a última medida da volta á normalidade, a UVigo está a traballar “con dous escenarios”: que se poida manter a docencia e a avaliación sen modificar o calendario, ou que haxa que prolongar o curso académico.

En calquera caso, as decisións tomaranse de acordo coas direccións dos centros, matizou, xa que “na reprogramación do curso temos que ir todos a un tempo”.

Por outra banda, Reigosa confirmou que o equipo de goberno da UVigo non promoverá expedientes de regulación de emprego para o persoal da institución. “Polas nosas contas saneadas podemos permitirnos algún esfuerzzo para que as persoas sufran o menos posible”, afirmou e explicou que mesmo se está negociando coas empresas coa que traballa a Universidade para que non apliquen ERTEs e poidan seguir prestando servizos mínimos.

O reitor trasladou, así mesmo, o seu “orgullo” polo comportamento dos membros da comunidade universitaria ante esta pandemia.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...