InicioSociedadeCIG insiste en que o 061 utiliza ambulancias sen persoal sanitario para...

CIG insiste en que o 061 utiliza ambulancias sen persoal sanitario para servizos urxentes en Vigo

A central sindical galega volve a insistir na denuncia do pasado mes de febreiro sobre o transporte urxente sen persoal sanitario abordo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A denuncia parte novamente da FGAMT-CIG que aseguran recoller probas documentais suficientes para demostrar que o servizo de urxencias sanitarias 061 utiliza en Vigo ambulancias básicas para realizar servizos urxentes, cando estes vehículos, non están acondicionados para prestar asistencia en ruta xa que a súa finalidade é unicamente o traslado de pacientes.

A central xa denunciara o caso o pasado 20 de febreiro, asegurando que o 061 utilizaba ambulancias de tipo A, – con unha dotación básica – para atender urxencias extrahospitalarias.

“Din que todos os vehículos levan dous técnicos e cumpren a lexislación, pero o o certo é que ante o aumento do número de servizos, en lugar de sacar máis ambulancias para asistencia en ruta o que fixeron foi poñer ambulancias tipo A de apoio, que logo fan servizos urxentes convencionais”, sinala Óscar Graña, delegado da central no 061.

O delegado sindical insiste en sinalar que o 061 debería sacar a concurso máis unidades, mais sospeita que deste xeito estarían probando o modelo de usar ambulancias só co conductor e sen persoal sanitario.

As probas aportadas polo sindicato para apoiar a súa tese sería en primeiro lugar unha fotografía tomada en Sárdoma, na base de Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo do 061, na que aparecen dúas ambulancias sen rótulos do 061 preparadas para saír cun só técnico/condutor, “cando o 061 di que non as hai”, aseguran.

Nos propios documentos de contratación establécese que as ambulancias de apoio non poderán ser rotuladas co mesmo deseño que as asistenciais do 061, e tamén figura que terán un único técnico/condutor.

“0 061 fai trampa cando di que non hai ambulancias asistenciais cun só técnico/condutor; en teoría non as hai, pero na práctica sí porque despois estes vehículos inicialmente destinados só a trasladados atenden servizos urxentes, tal e como denunciamos; por iso a poboación de Vigo ten que saber como está a ser atendida; o servizo é unha lotería: se chamas unha ambulancia pode chegar unha equipada e con dúas técnico sanitarias ou ben outra non acondicionada para servizos urxentes e na que unicamente vai un técnico/condutor”.

No documento de contratación aportado figura tamén o lote ambulancias que conta Vigo onde aparece reflexado os dous vehículos deste tipo.

O 061 estaría usando ambula… by Xornal de Vigo on Scribd

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...