InicioEconomíaPSA decide que a de Vigo sexa a súa última planta en...

PSA decide que a de Vigo sexa a súa última planta en pechar en España polo avance do coronavirus

Farase, en principio, ata o próximo 27 de marzo. Antes da de Vigo pechan este luns a de Madrid e a de Zaragoza (Figueruelas) o martes. A viguesa farao o mércores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo automobilístico PSA decidiu pechar as súas plantas de produción instaladas en Europa como consecuencia do aumento de casos de coronavirus. O peche farase ata o próximo 27 de marzo e de forma progresiva, co que a PSA/Citroën de Vigo pechará a partir do mércores.

En concreto, en España, a compañía, que engloba as marcas Peugeot, Citroën, DS, Opel e Vauxhall, pechará a súa planta de Madrid desde este luns 16 de marzo; a de Zaragoza (Figueruelas) o martes 17; e a de Vigo o vindeiro mércores, 18 de marzo.

Ademais do avance de infectados polo virus en localizacións próximas ás fábricas, o grupo achaca a decisión ás interrupcións na subministración dos seus principais provedores e á caída “repentina” da demanda de automóbiles.

O peche das plantas de produción axustarase a un calendario xa programado. Ademais da fábrica de Madrid, este luns pechará a de Mulhouse (Francia), mentres que o martes botará o peche a de Zaragoza; as de Poissy, Rennes e Sochaux (Francia); Eisenach e Rüsselsheim (Alemaña); Ellesmere Port (Reino Unido), e Gliwice (Polonia).

O mércores, do seu lado, a compañía paralizará a súa actividade as factorías de Vigo, Hordain (Francia) e Mangualde (Portugal). Por último, o xoves, pecharán as de Luton (Reino Unido) e Trnava (Eslovaquia).

A multinacional automobilística explica que os equipos de xestión das plantas implementarán os respectivos procedementos de peche, que levarán a cabo en coordinación cos axentes sociais.

PSA afirma que, ata entón, o cumprimento destas medidas, que van máis aló das recomendacións das autoridades sanitarias, son “a mellor protección para previr a propagación do virus”.

Citroën España pide quedar na casa mentras mantén aberta a súa factoría en Vigo

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...