InicioSociedadeSindicatos reclaman a PSA Vigo "a suspensión da produción" pola seguridade do...

Sindicatos reclaman a PSA Vigo “a suspensión da produción” pola seguridade do persoal

CUT tamén esixe unha reunión de carácter urxente do comité e os delegados de prevención para "acordar" como aplicar a medida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT) remitiu ao Grupo PSA de Vigo un comunicado no que reclaman “a suspensión da actividade produtiva” da factoría para asegurar a saúde dos seus traballadores ante a expansión do COVID-19 por todo o territorio español.

No documento argumentaron que unha empresa na que hai miles de contactos entre os seus traballadores se converte nun “posible foco de propagación” do virus, polo que solicitan ao departamento de Recursos Humanos do Grupo PSA que “non corra o risco” de primar a “produtividade por encima da saúde das persoas traballadoras” e, por extensión, “de toda a sociedade”.

Ademais, tamén esixen unha reunión de carácter urxente do comité e os delegados de prevención para “acordar” como aplicar a medida solicitada sen que “recaia sempre sobre a parte máis débil” do persoal.

Estas reclamacións xurdiron despois de que durante os primeiros días de implantación das medidas de prevención, a CUT detectase botes de hidroxel e dispensadores de xabón “baleiros”. Neste sentido, denuncian que “o aumento anunciado a semana pasada pola empresa” sobre o incremento da limpeza “segue sen producirse”.

A isto súmase a situación de tensión, ansiedade e malestar no conxunto de traballadores, xa que “as medidas que toma a empresa supoñen inquietude e medo”.

O sindicato atende as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) e as das autoridades sanitarias para soster as súas propostas. Baséanse en que “retardar os contaxios” e “tomar as medidas preventivas” son as maneiras de “conter un risco inminente e extraordinario para a saúde de toda a poboación”.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...