InicioPolíticaO alcalde acusa o presidente do Celta de entrar "en campaña electoral"...

O alcalde acusa o presidente do Celta de entrar “en campaña electoral” con Feijóo” por criticar a reforma de Balaídos

O club cualificou de "inmensa chapuza" o proxecto de reforma da bancada de Marcador en Balaídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, ao que acusou de entrar “en campaña electoral á beira de Feijóo”, despois de que o club fixese público un comunicado no que tacha de “inmensa chapuza” o proxecto de reforma da bancada de Marcador, no estadio municipal de Balaídos.

O rexedor olívico constatou que “Mouriño entra en campaña electoral á beira de Feijóo” e apuntou que “isto non é novo” porque xa na campaña das xerais o Celta cedeu a súa sede ao PP para a celebración dun acto con Pablo Casado.

“Foi algo sen precedentes. Non sei de ningún club que lle deixou a súa sede a un partido político“, reflexionou Caballero, quen defendeu que a reforma de Balaídos é unha obra “excepcional” e “sábeo todo o mundo”.

Ademais, o alcalde aproveitou para lembrar que, ao contrario do que se fixo noutros estadios en España, en Vigo o Goberno galego non fixo achega económica algunha á reforma do estadio. Por contra, insistiu unha vez máis, “Feijóo quere levar o Celta “para Mos”.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...