InicioPolíticaBegoña Villacís quere "copiar" a Vigo para construir en Madrid "a noria...

Begoña Villacís quere “copiar” a Vigo para construir en Madrid “a noria máis grande de Europa”, e fai ‘Trending Topic’ a Abel Caballero

O feito, tivo numerosas reaccións por parte dos usuarios da rede. Lembráronse todos do alcalde de Vigo, coñecido no conxunto do Estado polas súas "obras faraónicas" e as luces do Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Madrid está buscando posibles localizacións para traer á cidade a noria máis alta de Europa. Segundo o xornal El Confidencial, estiman que duns 140 metros -fronte aos 135 do ‘London Eye’. A vicealcaldesa de Ciudadanos, Begoña Villacís e o delegado da área de turismo da capital, Mario Fuentes (Cs) reuníronse cos promotores o pasado venres.

A parcela onde se construirá debe ter 7.000 metros cadrados. A zona de Madrid Río é a primeira opción que barallan. O obxectivo é converterse “nun atractivo turístico” e “desconxestionar o centro da cidade“.

O feito, tivo numerosas reaccións por parte dos usuarios da rede. Lembráronse todos do alcalde de Vigo, coñecido no conxunto do Estado polas súas “faraónicas” luces do Nadal.

Deste modo, á mañá deste mércores 4 de marzo converteuse en Trending Topic “Abel Caballero” en tuiter. Os usuarios galegos, acusan aos madrileños de “copiar” as construccións do rexedor da cidade olívica. Por outra banda, sempre cun ton de sarcasmo, enaltecen a figura de Abel Caballero ou son críticos coas estratexias políticas da actualidade.

Pola súa banda, os madrileños son coñecedores “do rival contra o que xogan” e aseguran que Abel Caballero é o “influencer da política nacional”. Ante todo, a xente está á espera da resposta do alcalde vigués.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...