InicioEconomíaSeis ideas viguesas resultan escollidas pola aceleradora ViaGalicia

Seis ideas viguesas resultan escollidas pola aceleradora ViaGalicia

Todas elas pasarán agora á fase de Aceleración, na que durante seis meses estarán no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle, contarán co apoio dun equipo de titores e mentores, e recibirán o financiamento que necesiten nesta etapa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A aceleradora de empresas de Xunta e Zona Franca de Vigo, ViaGalicia, seleccionou este mércores as 11 mellores ideas da súa sexta convocatoria, seis da área de Vigo e outras cinco de Lugo. Todas elas pasarán agora á fase de Aceleración.

Segundo comunicou Zona Franca, estas iniciativas foron escollidas pola súa “capacidade para achegar valor engadido ao tecido empresarial galego” e pola “solidez e equilibrio do equipo para cubrir as necesidades do proxecto no seu estado actual, abordar novos retos, onsolidarse no mercado e atraer novos investimentos”. No caso de Lugo, trátase das empresas ‘Anduriña 25’, ‘NavNaval’, ‘Itechterm’, ‘Mami me mima’ e ‘Tappear’.

Así, por sectores, tres delas pertencen ao ámbito tecnolóxico. Anduriña 25 é unha startup que está a desenvolver unha aeronave híbrida con capacidade de despegamento vertical e gran autonomía. NavNaval, pola súa parte, ofrecerá un servizo de comunicación e certificación no ámbito marítimo mediante unha plataforma de servizos de inspección con drons, trazababilidad e intelixencia artificial. Pola súa parte, Alice Biometrics desenvolveu unha aplicación para a verificación de identidade en liña segura.

No eido da restauración foron outras tres as propostas seleccionadas: Tappear, unha aplicación específica para bares de tapas; Versos de A Ruda, de sobremesas galegas caseiras en tarros de cristal; e Sangría Republic.

Por outra banda, no sector da saúde destacaron dúas ideas. Unha delas é Envita, unha plataforma en liña que permite recompilar a historia da vida, fotos e desexos de persoas maiores. A outra é Mami me mima, dedicada aos accesorios de puericultura.

Do mesmo xeito, tamén foron escollidas iniciativas relacionadas co mundo das mascotas, como a de Frankie the King (de envío a domicilio de comida cociñada para cans) ou do eido da moda, como The Painter’s Wife. Así mesmo, súmase a elas ItechTerm, especialistas en monitorización de gando para controlar a súa saúde e benestar.

FINANCIAMENTO

Todas estas ideas pasarán agora á fase de Aceleración, na que durante seis meses estarán no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle, contarán co apoio dun equipo de titores e mentores, e recibirán o financiamento que necesiten nesta etapa (ata un máximo de 125.000 euros).

O proceso culminará entre xuño e xullo, cando está prevista a celebración do ‘Investors Day’, unha xornada na que os responsables de cada proxecto terán que defendelo ante empresas, colaboradores e fondos de investimento externos.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...